Pelayo Arrizabalaga
📸Miguel Ángel García (José de la Fuente Gallery)
Pelayo Fernández Arrizabalaga estudou Belas Artes en Madrid. En 1984 fundou o grupo Clónicos xunto con Markus Breuss.
En 1993 mudouse a Suíza, onde foi compositor convidado do Estudo de Música Electroacústica do Conservatorio de Basilea. Alí desenvolveu a súa característica forma de traballar con discos vinilos co cal actuaba frecuentemente en contornas de música improvisada e electrónica. Seleccionado polo MACBA para o proxecto Avant- Recerca, Barcelona 2010 e artista en Residencia durante o 2012 en Berlín bolseiro polo Goberno Suízo.
Creou a Partitura Gráfica orixinal para o Instituto para Música e Tecnoloxía da Universidade de Zúric 2014, Los Ángeles e San Francisco 2015. Estrea de “Transbordo espacial” na Fundación Botín (Santander) 2016 “Desertos Europeos”, Performance con tocadiscos e vinilos.
Foi convidado pola Feira Arte Santander (Jose de la Fuente Gallery) e A Casa Acesa de Madrid 2015 – 2017, polo MUSAC para a exposición “O xiro notacional” León 2019 e publicouse unha selección da súa obra na prestixiosa páxina de vangarda internacional ubuweb.com.
.
@rega.pablo
Pablo Rega é un músico difícil de clasificar, compositor, improvisador, diseñador de son. O seu traballo traza unha fina linea entre a composición e a improvisación, o virtuosismo e o erro, a orde e o caos.
Desde os seus inicios no rock progresivo coa banda coruñesa Kozmic Muffin na década dos 90’s, a súa actividade centrouse nas músicas de vangarda e a improvisación. Formou parte de proxectos de free jazz (IED8 e Comando Radar), de libre improvisación (F.I.L.Ou e Trinity, Bruitage) de música electroacústica e noise como (Neumática e Pensan os pés, MUT) e proxectos mais inclasificables como Reptilian Mambo, Kill Bambi, Electra e Discordian Community Ensamble. Dirixiu durante añvos ensambles de composición en tempo real como a Banda de Improvisadores de Barcelona (B.I.B) ou a orquestra de música espontánea de Galicia (Omega).
No hay comentarios:
Publicar un comentario