jueves, 17 de julio de 2025

LICEO MUTANTE. PONTEVEDRA

 

Sábado 19 de xullo
20.30
Liceo Mutante
Anthony Pateras é un pianista, compositor e músico electrónico australiano de longa traxectoria.
O traballo de Anthony é inabarcable e abrangue un amplo de espectro de músicas fóra da norma, desde as súas colaboracións con Sunno))) e Stephen O’Malley á música contemporánea, do seu dúo co vocalista Mike Patton a complexas composicións para orquestra, da exploración das formas do rock experimental á improvisación electroacústica, ao hip hop abstracto, o grindcore, a música electrónica, nada é alleo aos intereses musicais de Pateras.
O seu traballo levouno a percorrer gran parte do mundo, facendo bandas sonoras, compoñendo para prestixiosas e arriscadas orquestras e colaborando cun feixe de músicxs de todos os ámbitos.
Algúns dos seus colaboradores: Mike Patton, Stephen O’Malley, The Necks, Erik M, Maja Osojnik. Robin Fox, Jerôme Noetinger, Sean Baxter, Will Guthrie, Natasha Anderson, Paul Lovens, Clayton Thomas ou Valerio Tricoli.


Pedírase un donativo entre 5 e 10 € destinado integramente ao músico
Vémonos na rúa de Afonso XIII, N.º 9
Rúa de Afonso XIII, Nº 9, 36002, Pontevedra, 36002 Pontevedra, Spain


No hay comentarios:

Publicar un comentario